As historias dos protagonistas, Julia e Jan, semellan discorrer de xeito independente. Ela emprende unha fuxida en coche cos seus pais, el é enviado a un campamento de supervivencia en Laponia. Porén, as súas vidas están unidas a través das lembranzas dunha casa de madeira, dun caderno cheo de palabras, números e debuxos, dos fíos invisíbeis da perda e o esquecemento.